▬ Cinetura: del cine a la literatura



Cinetura: del cine a la literatura é un proxecto galego desenvolvido no IES de Poio pola profesora de Latín Carmen Fernández e a profesora de Galego e encargada da biblioteca do centro Anxos Rial. No proxecto participaron Katalin Kanozsay, profesora en  Komárno, Eslovaquia,  e Laura Carbonelli  e Giacinta Mecucci , profesoras en Roma que contaron coa colaboración de outras colegas do seu instituto 
O proxecto acadou o Selo de Calidade Nacional en Eslovaquia, Italia e España, ademáis do Premio Nacional en Eslovaquia e España.
Cinetura foi proxecto do  mes en España 
O proxecto consistíu no traballo do alumnado partindo de obras literarias que foron levadas ao cine. 

Os alumnos, ademais de investigar sobre as obras e as películas, traballaron na preparación e filmación de escenas e, valéndose dun repertorio amplo de TICs, elaboraron diferentes materiais sobre temas que xurdían das obras estudadas. Os materiais, publicados no twinspace, foron comentados polo alumnado dos tres países.

En Poio algúns dos alumnos do proxecto estaban nun club de lectura de forma que o noso proxecto tiña tamén a súa conexión coa actividade da biblioteca do noso centro. No instituto italiano desenvolveuse unha fase do proxecto en inglés.

O proxecto contou cunha planificación detallada e cada unha das fases abordadas atópase recollida e descrita nunha  ferramenta denominada Myhistro que permite incrustar elementos multimedia nunha liña temporal virtual.


O uso de ferramentas TIC foi moi amplo e variado. Os materiais que ían producindo os alumnos, en gran parte colaborativos, ían sendo publicados no Twinspace
Decidimos ordenar a nosa páxina web por ferramentas TIC, de modo que os alumnos tivesen alí unha especie de muestrario das diferentes opcións de traballo. 


O alumnado traballou recreando escenas de novelas e películas, poñendo a súa creatividade en acción.
Traballamos competencias como a lingüística, de tratamento da información e digital, a cultural e artística ou a autonomía e iniciativa persoal. 
Cada novela e película suxeríanos actividades novedosas para os alumnos, algo do que podemos citar algúns exemplos: coa Lingua das bolboretas entrevistaron aos seus avós acerca da escola en tempos pasados.  El amor en los  tiempos del cólera levounos a  elaborar enquisas e logo gráficos sobre usos amorosos nos tres países.

Participar á vez no club de lectura da biblioteca enriqueceu e facilitou o noso traballo e permitiunos outras formas de difusión do mesmo.



                              

Sem comentários:

Enviar um comentário