▬ Children’s Literature and Trans-European Citizenship. A View from the Periphery


Children’s Literature and Trans-European Citizenship. A View from the Periphery é un proxecto galego desenvolvido no IES San Rosendo de Mondoñedo pola profesora de inglés  Ana Belén López Pérez. en colaboración con varios departamentos e coa biblioteca do instituto. No proxecto participaron centros de Turquía, Rumanía e Polonia. O seu traballo consistiú en profundizar no  coñecemento de Europa a través de libros infantís e xuvenís que tratan deste tema.

O proxecto acadou o Selo de Calidade Nacional en España e Turquía.

A profesora Ana Belén López cóntanos sobre  o seu proxecto:

Adicionar legenda

"Foi unha nova maneira de promocionar a lectura entres os xóvenes integrando as actividades nas habituales do centro tanto dentro das aulas, como nos clubes de lectura da biblioteca e dándolle o valor engadido de integrar o uso das TIC mediante a producción e publicación en diversos espazos en liña de vídeos, presentacións, escenificacións e tráilers das lecturas favoritas dos rapaces con temática europea.






Ademais achegámonos aos estudantes dos outros centros de xeito directo por medio de Skype.Os productos do proxecto pódense ver nunha páxina web elaborada polos nosos alumnos, na páxina de Facebook   e na propia plataforma eTwinning


Foi unha experiencia estupenda que pensamos repetir no próximo curso!"


Sem comentários:

Enviar um comentário