▬ Comment ça marche? (artigo completo)


O proxecto "Como funciona? / Comment ça marche?" xorde a partir dunha idea de colaboración entre a profesora de matemáticas Mª Jesús Casado, do IES Daviña Rey de Monforte de Lemos e a profesora de lingua española Valerie Lagrave, do Collège Louise Michel, L'Isle Jourdain, en Francia, para promover o uso do francés e do castelán a través do traballo en equipo.

No IES Daviña Rey, axudaron no desenvolvemento os profesores do departamento de Francés: Toñi Caldas, Ana Rego e Vicente Docasar. Os alumnos participantes foron os de 1º de ESO e os do colexio francés os de 3º de ESO.

As actividades se desenvolveron dentro das materias de proxecto interdisciplinar e Lingua estranxeira, respectivamente.

O proxecto consistiu na elaboración de vídeos dun aparello do entorno cotián do alumno nos que o audio describía o seu funcionamento. Os vídeos realizáronse por equipos formados por alumnos de ambos países. Cada equipo aportou unha idea orixinal na gravación das imaxes que os compañeiros do país colaborador tiveron que comentar no idioma dos primeiros e viceversa. En total cada equipo elaborou dous vídeos nos que realizou, ou ben a imaxe ou ben o audio.

Non tódolos vídeos responderon á pregunta “como funciona?” Algún axéitase mais á pregunta “que é?” pero en todo caso as situacións recollidas son do máis diverso, dende un forno de leña, até doces para botar no champagne, pasando pola elaboración dun fouciño ou dunha mosca de pesca. Invitámosvos a velos nosos videos, ben no canal de youtube ou no TwinSpace.




Para a montaxe e publicación dos vídeos empregáronse programas de son (Audacity) e de vídeo (Avidemux, Windows Live Movie Maker).

A experiencia levouse a cabo nos meses de abril, maio e xuño mentres as profesoras realizábamos o curso de formación de eTwinning xa que ambas eramos leigas no tema.

Tanto alumnos como profesores valoramos moi positivamente o traballo desenvolvido, e sobre todo o grao de interese tomado polos nenos e a mellora na súa aprendizaxe.

O proxecto mereceu os selos de calidade español, francés e europeo.


Sem comentários:

Enviar um comentário