The voice of Europe

http://etwinningvoiceofeurope.blogspot.com
The Voice of Europe é un proxecto levado a cabo desde a colaboración entre a profesora de inglés Ana Arias Castro do CPI Tino Grandío, Neringa Lemeziene de Tryskiai (Lituania) e Barbara N'Sir de Poznan (Polonia).

Este proxecto para o curso 2012-2013 consistía na redacción dun blogue colaborativo entre o alumnado  dos tres centros participantes. A lingua vehicular foi o inglés dado que esta é a materia desde a que se promovía a actividade desde cada un dos tres centros.

O traballo desenvolveuse ao longo de todo o curso no que inicialmente se abriu un blogue  no que o alumnado dos tres centros escolleu as diferentes seccións a incluír como páxinas (música, reciclaxe, deportes, actividades escolares, diferentes pero unidos, tradicións e historia, moda e sorpresa.)

A continuación, por grupos en cada centro participante deciciuse que aspectos dentro das seccións establecidas se ían abordar. De todos modos cada artigo debería integrar información sobre os tres países. Esta información conseguiuse solicitándollela aos compañeiros de proxecto. Fóronse colgando preguntas e respostas no Twinspace, ao que se subían os materiais que posteriormente deron lugar aos artigos. Nalgúns casos solicitouse máis información adicional, fotos, enquisas, etc.

Os artigos foron elaborados e colgados como entradas no blogue e mais dentro da súa sección correspondente. Porén, os artigos eran lidos, comentados por todos e modificados cara a súa versión definitiva.

Como remate o blogue final foi publicado e realizouse tamén unha edición impresa en pdf e papel que se lle entregou ao remate a todo o alumnado participante ademais de deixar unha copia na biblioteca de cada un dos centros participantes.

A avaliación final foi realizada a través dun cuestionario de Google Docs e os resultados nos tres centros participantes foron moi positivos, aínda que o alumnado solicitou manter algún tipo de contacto máis próximo ou inmediato có email e Twinspace en futuros proxectos.

Sem comentários:

Enviar um comentário